Probar ideas con datos reais
Sandbox
A sandbox permitirá explorar unha contorna segura e colaborativa onde se poderá experimentar, desenvolver e optimizar solucións tecnolóxicas para o sector turístico.
A sandbox da PIA será unha contorna de desenvolvemento e probas segura, deseñada para que o ecosistema de axentes vinculados co sector turístico (empresas tecnolóxicas, administracións públicas, universidades e centros de investigación, asociacións do sector e destinos) poidan desenvolver e probar solucións dixitais antes da súa implantación no mercado. Este espazo permitirá ás empresas, universidades e centros de investigación traballar con datos reais, utilizar recursos avanzados de computación e colaborar con outros actores clave do turismo, todo nunha contorna controlada. A sandbox é a solución adecuada para quen busca reducir riscos, perfeccionar as súas ferramentas tecnolóxicas e avanzar na innovación turística.
Beneficios destacados:
- Contorna segura para probar novas tecnoloxías.
- Acceso a datos reais do sector turístico.
- Recursos avanzados de computación na nube.
- Colaboración co ecosistema de axentes vinculados co sector turístico.
Para quen é a sandbox?
A sandbox da PIA estará dirixida aos principais actores do ecosistema turístico que buscan desenvolver e implementar solucións innovadoras nunha contorna segura e colaborativa. Esta ferramenta está a deseñarse especialmente para:
- Empresas tecnolóxicas: organizacións que desenvolven ferramentas dixitais ou servizos tecnolóxicos orientados ao sector turístico e buscan desenvolver e validar.
- Administracións públicas: entidades gobernamentais e destinos turísticos interesados en explorar e adoptar tecnoloxías innovadoras para mellorar a experiencia dos visitantes e optimizar a xestión do turismo.
- Universidades e centros de investigación: institucións académicas e científicas con proxectos de investigación aplicada en turismo e tecnoloxía, que precisan un espazo para experimentar e transformar as súas ideas en solucións prácticas.
- Asociacións do sector: agrupacións empresariais, clústeres tecnolóxicos e hubs de innovación que buscan fomentar a colaboración entre os seus membros e o desenvolvemento de proxectos conxuntos con impacto no turismo.
- Destinos: entes xestores que impulsarán ás empresas que dispoñan de servizos tecnolóxicos orientados ao sector turístico para que dinamicen o intercambio de datos e potencien novos casos de uso (compartición ou posta en común de problemáticas e solucións similares: masificación no verán, xestión de fluxos, zona de congresos afastada dos aloxamentos…) que melloren a xestión do destino, así como o desenvolvemento doutros produtos innovadores.
Que beneficios ofrecerá a sandbox da PIA?
A sandbox ofrecerá unha serie de beneficios para quen desexe innovar e optimizar os seus procesos tecnolóxicos en turismo. Desde probas de concepto ata colaboracións intersectoriais, a sandbox será unha ferramenta única que impulse o desenvolvemento tecnolóxico no sector.
- Redución de riscos. Permitirá realizar probas e axustes nunha contorna segura, minimizando o risco de erros no mercado real.
- Aceleración da innovación. Proporcionará acceso a datos e tecnoloxía avanzada que facilite o desenvolvemento e a proba de novas ideas de forma áxil.
- Optimización de recursos. Utilización de recursos de computación na nube sen necesidade de investir en infraestrutura propia.
- Colaboración e networking. Facilitará a interacción entre actores tecnolóxicos e de negocio, xerando sinerxías e potenciando a innovación conxunta no sector.
- Testeo de viabilidade, tanto técnica como económica, o axente que desenvolva dentro da sandbox poderá expor o caso de negocio desde unha perspectiva técnica (se é viable desenvolver a súa idea) e desde unha perspectiva económica, xa que será consciente dos custos que suporía e, por tanto, de como debe dimensionar a súa saída ao mercado.
Como funcionará a sandbox?
A sandbox da PIA será unha contorna de probas controlada que permita aos usuarios experimentar e perfeccionar as súas ideas antes da súa implementación. Grazas ao seu acceso a recursos tecnolóxicos avanzados, os actores do sector poderán validar os seus proxectos nun espazo seguro, optimizando o seu impacto e minimizando riscos.
Pasos clave do uso da sandbox
- Acceso e configuración. Configuración da contorna de probas personalizada segundo as necesidades de cada usuario.
- Desenvolvemento de solucións. Uso de datos e ferramentas para construír e perfeccionar as solucións tecnolóxicas.
- Probas e validación. Verificación da solución e optimización de resultados nunha contorna sen risco.
- Colaboración e iteración. Posibilidade de colaborar con outros actores, compartir ideas e recibir retroalimentación para mellorar os proxectos.
Innovación no turismo
A sandbox da PIA estará deseñada para aquelas persoas que desexan impulsar a innovación no turismo e mellorar os seus procesos a través da tecnoloxía. Como poderá potenciar un proxecto a sandbox?